venres, 1 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA: POROSIDADE E CAPILARIDADE

Que é a porosidade?

É a capacidade que teñen o materiais para absorver líquidos, e este depende da cantidade de poros, espacios, ocos, buratos que teña o material en cuestión.

Por exemplo, unha esponxa é moi porosa, poir iso absorve moitísima cantidade de agua. Pola contra, unha canica, é moi pouco porosa, por iso se a sumerximos na auga, non absorve nin unha gota.

E a capilaridade? É a capacidade que teñen os líquidos para ascender por un sólido. Por exemplo, as plantas absorven a auga polas raíces e grazas á capilaridade, a auga exténdese ao resto da planta.

Onte, no Club de Ciencias, para entender mellor estes conceptos e os efectos que producen nos materiais, realizamos dous experimentos que tiveron moito éxito.

Primeiro coloreamos e recortamos unha flor de papel, á que lle doblamos os pétalos.



A continuación,  enchemos un prato fondo con auga, pousamos a flor e agardamos a ver que ocorría, non sin antes expoñer as nosas hipóteses:
- afundiría ou flotaría?
- perdería as cores?
- desfaríase o papel?

O que non imaxinábamos foi o que pasou a continuación:





Os pétalos despregáronse por completo. Agora xa sabemos que é porque o papel é un material poroso que absorve auga por capilaridade, conducindo a auga dende o centro da flor aos extremos, aumentando a súa densidade.

Ademáis, puidemos comprobar que as flores pintadas con ceras mantiñan as cores, sendo máis impermeables, mentres que as que decoramos con rotuladores, máis permeables, perderon a tonalidade, xa que a tinta mesturouse coa auga.


✿ ✿ ✿

A continuación, fixemos un experimento con escarvadentes para desta volta comprobar a porosidade da madeira.
Dobramos seis palillos pola metade, sen chegar a partilos en dous anacos, e con moito coidado, os colocamos sobre o fondo dun prato, tal como vedes nas seguintes imaxes:



Unha vez colocados, cunha xeringa, pinga a pinga fomos botando auga no centro e... fíxose a maxia!




A madeira absorveu a auga, e grazas á capilaridade foi inchando as fibras que unían os escarvadentes pola metade, facéndoas máis brandas e flexibles. Esto permitiu que a figura inicial se modificase.


O resultado xa o vedes: unhas estrelas perfectas!





 



Ningún comentario:

Publicar un comentario