venres, 15 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA: BOLBORETARIO

Dende xa fai dous cursos escolares, adicámonos a observar o ciclo da especie Papilio Machaon, unha das bolboretas máis grandes e fermosas que habita a nosa Península.

Este impresionante lepidóptero acostuma a pór os seus ovos no fiuncho que medra nos camiños, pranta da que se alimenta. Máis cando chega o tempo de desbroce, moitos ovos e eirugas non chegan a completar o seu ciclo.

Así, decidimos probar sorte e tentar darlle unha oportunidade a algunha delas. Aínda que ao principio cometimos moitos erros por descoñecemento, pouco a pouco fomos aprendendo como criar a estas sorpredentes criaturas a conseguir que catro delas completaran o ciclo.

A continuación podedes ver o que observamos e aprendemos nestes dous anos de investigación.

Agora que xa sabemos tantas cousas sobre a Papilio Machaon e as súas necesidades, abrimos a sesión expoñendo os bocetos para a contrución dun bolboretario.






Despois de expoñer cada un dos proxectos, acordamos que o bolboretario tiña que cumplir coas seguintes condicións:

- A localización do mesmo ten que ser nun lugar do patio onde dea o sol e ao mesmo tempo teña algo de sombra, afastado das zonas de xogo con pelotas ou outros xoguetes que poidan sair despedidos.

- A estrutura será de madeira, con forma de prisma cuadrangular, e as caras do mesmo, de malla moi fina, para impedir que entren moscas e avespas, grandes inimigos das eirugas.

- Debe contar con suficiente espazo para que poidamos entrar a observar e coidar ás eirugas, e que as bolboretas, no momento de nacer, non tiveran dificultades para estirar as ás e evitar que poidan mancarse.

- Haberá que mercar bastantes plantas de fiúncho para non ter que estar recollendo o mesmo no exterior cada dous días.

- Ademais, contaremos cun pequeno "hospital de bolboretas" na aula, para atender a aquelas que poidan nacer con algunha malformación nas ás e ou aqueloutras que precisen algún tipo de coidado especial.

- Como máximo albergará cinco bolboretas.


Actualmente xa temos unha idea máis clara do que queremos e precisamos, so queda falar con Fran, o noso conserxe favorito, para que nos axude a facer realidade este proxecto que tanta ilusión nos fai.


Ningún comentario:

Publicar un comentario