venres, 8 de marzo de 2024

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA

O 5 de marzo tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.


Aprendimos unha morea de cousas novas sobre a autora e fíxonos moita ilusión poder ver todos os rincóns da casa onde a nosa Rosalía pasou gran parte da súa vida.




















Un día inesquecible no que coñecemos un pouquiño máis a esta gran referente da nosa terra.

Apertas de bolboreta rosaliana 🦋🌹

CLUB DE CIENCIA: ESPAGUETE CHALLENGE

O obxectivo deste reto era conseguir crear unha estrutura o máis alta posible que se sostivera por si sola, facendo uso únicamente de 10 espaguetes, cinco malvaviscos e fita adhesiva. A única premisa era que un dos malvaviscos tiña que estar no cumio da construción, sen subrir ningún tipo de modificación.

Así que os nosos equipos puxéronse mans á obra aplicando diferentes técnicas e estratexias para que a estructura fora collendo forma.





Non imaxinades a de veces que, cando casi o tiñan conseguido, a caprichosa estrutura desbaratábase e era necesario volver comezar ou introducir as modificacións precisas: facer unha base máis estable, reforzar algunha parte para aumentar a resistencia, tentar repartir o peso dalgún xeito...



Máis os nosos especialistas non se deron por vencidos en ningunha ocasión, seguiron traballando en equipo e buscando solucións incansablemente.


Canto aprenderon con este reto! E canto nos ensinaron a nós, as mestras!💛💛💛

Parabéns, equipo! Que ben o pasamos sempre e que orgullosas nos facedes sentir! 😻

xoves, 7 de marzo de 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O vindeiro 1 de abril é o Día das Artes Galegas, unha data para destacar e favorecer aos artistas galegos.

Do mesmo xeito que no Día das Letras Galegas, cada ano homenaxéase a unha persoa destacada no eido das artes.

Sabedes a quen se lle adica este ano? Ao escultor cambadés Francisco Asorey.

Se queredes coñecer un pouquiño sobre este artista veciño, podedes descargar as actividades premendo na seguinte presentación.




E agora que xa sabedes un pouquiño máis sobre a vida e obra de Francisco Asorey, animádevos a pór a proba os vosos coñecementos con este xogo interactivo tan chulo!



Agardamos que gozárades con estas actividades!
Apertas de bolboreta!

CASA MUSEO DE ROSALÍA

 Este ano, para celebrar o Día de Rosalía viaxamos ata Padrón, para visitar a Casa da Matanza, onde viviu co seu home, o escritor Manuel Murguía, e os seus sete fillos, e tamén onde finou no ano 1913.


Canto nos gustou coñecer todos os espazos onde a nosa Rosalía pasou moito tempo escribindo, no seu horto, coa súa familia... gozando dos derradeiros anos da súa vida. E ver as fotos reais da época e os textos escritos coa súa letra!



Foi moi interesante ver como eran as casas da época, cunha cociña con lareira, forno, artesa e un pote, onde se cociñaba o delicioso Caldo de Gloria!





Sen dúbida, o que máis nos chamou a atención foi o seu cuarto, onde sempre hai unha rosa colocada na almofada 💜

Unha visita na que coñecimos máis de cerca a persoa de Rosalía, a gran muller da que tantos anos levamos falando.

Apertas de bolboreta rosaliana 🦋🌹

venres, 1 de marzo de 2024

CLUB DE CIENCIA: POROSIDADE E CAPILARIDADE

Que é a porosidade?

É a capacidade que teñen o materiais para absorver líquidos, e este depende da cantidade de poros, espacios, ocos, buratos que teña o material en cuestión.

Por exemplo, unha esponxa é moi porosa, poir iso absorve moitísima cantidade de agua. Pola contra, unha canica, é moi pouco porosa, por iso se a sumerximos na auga, non absorve nin unha gota.

E a capilaridade? É a capacidade que teñen os líquidos para ascender por un sólido. Por exemplo, as plantas absorven a auga polas raíces e grazas á capilaridade, a auga exténdese ao resto da planta.

Onte, no Club de Ciencias, para entender mellor estes conceptos e os efectos que producen nos materiais, realizamos dous experimentos que tiveron moito éxito.

Primeiro coloreamos e recortamos unha flor de papel, á que lle doblamos os pétalos.



A continuación,  enchemos un prato fondo con auga, pousamos a flor e agardamos a ver que ocorría, non sin antes expoñer as nosas hipóteses:
- afundiría ou flotaría?
- perdería as cores?
- desfaríase o papel?

O que non imaxinábamos foi o que pasou a continuación:





Os pétalos despregáronse por completo. Agora xa sabemos que é porque o papel é un material poroso que absorve auga por capilaridade, conducindo a auga dende o centro da flor aos extremos, aumentando a súa densidade.

Ademáis, puidemos comprobar que as flores pintadas con ceras mantiñan as cores, sendo máis impermeables, mentres que as que decoramos con rotuladores, máis permeables, perderon a tonalidade, xa que a tinta mesturouse coa auga.


✿ ✿ ✿

A continuación, fixemos un experimento con escarvadentes para desta volta comprobar a porosidade da madeira.
Dobramos seis palillos pola metade, sen chegar a partilos en dous anacos, e con moito coidado, os colocamos sobre o fondo dun prato, tal como vedes nas seguintes imaxes:



Unha vez colocados, cunha xeringa, pinga a pinga fomos botando auga no centro e... fíxose a maxia!




A madeira absorveu a auga, e grazas á capilaridade foi inchando as fibras que unían os escarvadentes pola metade, facéndoas máis brandas e flexibles. Esto permitiu que a figura inicial se modificase.


O resultado xa o vedes: unhas estrelas perfectas!