Ola!
Achégase o Día escolar da non violencia e a paz, e tedes deberes 😜
Seredes quen de aprender o retrouso do "Paralá" de Mercedes Peón? O vindeiro día 30 o comprobamos!
Dádelle a reproducir e gozade desta fermosa canción.
Ola!
Achégase o Día escolar da non violencia e a paz, e tedes deberes 😜
Seredes quen de aprender o retrouso do "Paralá" de Mercedes Peón? O vindeiro día 30 o comprobamos!
Dádelle a reproducir e gozade desta fermosa canción.
Ola!
Durante o mes de xaneiro estarán expostos no corredor de entrada diferentes exemplares relacionados coa non violencia e a paz, que podedes ler no recreo ou levar en empréstito para casa.
Ademais, lembrade que este mes virá visitarnos a Cruz Vermella de Vilagarcía de Arousa para contarnos en que consiste o seu traballo. Porán especial atención á situación de desprotección de moitísimas persoas inmigrantes ou refuxiadas que cruzan as fronteiras na busca dun lugar mellor para vivir.
E o máis importante: como vos gustaría que vos tratasen ao chegar a un lugar que non coñecedes?
Xa nos contaredes...
Apertas de bolboreta.
Ola!
O día 22 de decembro, último día de cole do ano, celebramos a nosa particular festa de Fin de ano. O alumnado de 6º de Educación Primaria, axudados pola súa titora Cristina, foi o encargado de presentar e dirixir as diversas actuacións programadas.
En primeiro lugar, algunhas alumnas de 5º de primaria, representaron o conto do "Apalpador e o arco da vella", de Xoa G.
A continuación, as alumnas e os alumnos de 6º de primaria amenizaron a xornada con diversas actuacións e deron as 12 badaladas. Con cada badalada, cada un de nós pediu os seus mellores desexos para este ano que entra.
Mirade que ben o pasamos todas e todos!
Ola!
Estamos a piques de comezar o 2023, un novo ano no que partillar soños e aprendizaxes coas persoas que máis queremos.
Dende o cole, novamente decidimos escribir unha postal para transmitirlle os nosos mellores desexos a unha compañeira ou compañeiro de ciclo, para posteriormente enviala por correo postal.
O máis emocionante é non saber quen che envía a postal ata o día no que a recibes. Por eso facemos un sorteo alto segredo!
Ola!
Hoxe tivemos unha actividade moi especial. Dúas nenas de 5º de primaria representaron para a cativada do cole o conto do "Apalpador e o arco da vella", de Xoan G., utilizando un teatro de monicreques.
Que atención puxeron todas e todos!
Ola!
Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, no mes de novembro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca, puxo a disposición do alumnado unha selección de libros nunha exposición no corredor do patio.
A continuación podedes ver as distintas actividades que realizaron as diferentes aulas arredor do 25N.
O alumnado de 3 e 4 anos traballou a partir do conto "Arturo e Clementina", de Adela Turín.
Ola!
Como manda a tradición, a principios de novembro celebramos O Magosto no cole.
Fixemos cornetes de papel e fomos recibir a Tin, un castañeiro ao que xa lle temos moito cariño. Sempre ven acompañado da súa cadela, que non pode ser máis agarimosa.
Apertas de bolboreta!
Ola!
O día 28 comezamos coa celebración do Samaín no cole, nunha mañá divertida, diferente e algo terrorífica 👻👻👻
En canto chegamos xa notamos que algo estaba a piques de acontecer... Que mediño daba o corredor de entrada pola mañá! Oscuro, con fitas negras colgadas do teito, pantasmas, oubidos...
Ao longo da mañán, a cativada asistiu a unha xornada de contacontos no salón de actos: "Contos na lareira", a cargo dalgunhas mestras-bruxas do cole. Os diferentes ciclos gozaron da escoita de contos e lendas arrepiantes, onde non faltaron os risos e algún que outro susto.
A continuación, cada grupo acudiu á biblioteca para escoitar unha historia de medo en inglés, que lles contou a marabillosa profe Rosell, auxiliar de conversa do centro.
Podedes ver o vídeo recopilatorio dalgún dos momentos vividos durante a mañá.
Para rematar a xornada, o alumnado de 5º de Educación Primaria actuou para todo o cole representando o conto "Corre, corre, cabaciña" cun teatro musicalizado.
Pasámolo xenial!!!
Gracias chicas e chicos!!